Explotación de estradas

Compártao :

Compartir

A explotación do dominio público viario comprende as operacións de conservación e mantemento, así como todas as accións encamiñadas á seu defensa, mellor uso e aproveitamento:

  • A conservación e mantemento do dominio público viario comprende as actividades necesarias para preservar o estado dos seus bens e manter a vialidade da rede de estradas.
  • A defensa do dominio público viario comprende as accións dirixidas a protexelo e evitar as actividades que o prexudiquen ou menoscaben, así como a manter a funcionalidade e seguridade viaria da rede de estradas.
  • O mellor uso e aproveitamento do dominio público viario refírese ás actuacións encamiñadas a facilitar o seu emprego nas mellores condicións de seguridade e comodidade. Comprenderá, para estes efectos, as intervencións en materia de información e sinalización e a ordenación de accesos e usos das zonas de protección.

Nesta páxina poderá atopar información relacionada coa defensa do dominio público viario e o mellor uso e aproveitamento deste.

Protección das marxes das estradas

Para a protección das marxes das estradas, a lexislación establece, ademais da zona de dominio público viario, outros instrumentos de protección da estrada, como as súas zonas de protección ou a liña límite de edificación. Nesta ligazón poderá obter información sobre todas elas:

Autorizacións e declaracións responsables

Na seguinte ligazón atopará a información necesaria para tramitar as solicitudes de autorización e declaracións responsables en materia de estradas dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia:

Taxas de estradas

Neste apartado pode consultar a información relativa ao cálculo da taxa por utilización privativa, ocupación ou aproveitamento especial do dominio público viario: 

Reversión de expropiación

Se desexa solicitar a reversión dunha expropiación, na seguinte ligazón atopará a información necesaria para tramitar a súa solicitude a través da sede electrónica da Xunta de Galicia:

Bonificacións de peaxes

Na seguinte ligazón recóllese a información relativa ás bonificacións sufragadas pola Xunta de Galicia nas autoestradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia e sobre como solicitalas, no seu caso:

Xestión do ruído

Neste apartado pode consultar os Mapas Estratéxicos de Ruído e os Plans de Acción contra o ruído elaborados pola Xunta de Galicia para o cumprimento da normativa sobre a xestión do ruído ambiental nas estradas da súa titularidade: