Normativa de estradas vixente
Nos seguintes subapartados pode consultarse a normativa de estradas vixente, tanto autonómica como estatal.
Normativa autonómica de estradas
No seguinte enlace pode consultar a normativa técnica vixente en materia de estradas ditada pola Comunidade Autónoma de Galicia (é dicir, polo Parlamento de Galicia ou pola Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia):
Normativa estatal de estradas
Por outra parte, a disposición transitoria terceira da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de Estradas de Galicia, indica que naqueles aspectos que non se regulen pola normativa técnica básica de interese xeral establecida pola Administración Xeral do Estado e nos que por parte da Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade non se ditasen normas ou instrucións complementarias relativas ás estradas de titularidade da Comunidade Autónoma ou das entidades locais de Galicia, serán aplicables as aprobadas polo actual Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible para as estradas da Rede de Estradas do Estado, no que non se opoñan á antedita Lei 8/2013 ou ao seu regulamento.
Aos efectos da súa aplicación supletoria nas estradas autonómicas e das entidades locais de Galicia, nos casos en que corresponda, pódese consultar a normativa estatal en materia de estradas nas seguintes ligazóns:
Normativa autonómica de estradas en tramitación
Pola súa parte, nos seguintes subapartados amósanse os enlaces ás páxinas nas que se pode consultar a normativa autonómica de estradas en tramitación, incluíndo as que se atopan en fase de consulta pública previa.
Consulta pública previa
O trámite de consulta pública previa ten por obxecto recoller a opinión da cidadanía e as organizacións e asociacións interesadas, antes da elaboración dun proxecto normativo.
Na seguinte ligazón pode consultar as consultas previas realizadas pola Administración Autonómica de Galicia, tanto as que se atopan co prazo aberto para a remisión de opinións ou achegas como aquelas nas que este prazo se atopa xa pechado.
Normativa en tramitación
A continuación pode consultar a relación dos procedementos de elaboración de anteproxectos de lei e de disposicións administrativas de carácter xeral que se atopan en tramitación.