Datos de tráfico

A intensidade e volume de tráfico na Rede Autonómica de Estradas de Galicia avalíase continuamente a través dos traballos previstos no plan de aforos.

O obxectivo básico do plan de aforos da Rede Autonómica de Estradas de Galicia é o coñecemento do tráfico que circula polas distintas estradas que a compoñen, definido por unha serie de parámetros característicos como a intensidade media diaria, o volume anual de tráfico ou a porcentaxe de vehículos pesados e as súas variacións ao longo do tempo. Estes parámetros utilizaranse como base para as regulacións de tráfico, e para o planeamento e explotación da rede viaria.

Tendo en conta a amplitude da rede de estradas que se pretende controlar co plan de aforos e a escaseza dos equipos dispoñibles, faise necesaria unha optimización dos recursos materiais e humanos a utilizar. Para iso é necesario realizar unha selección moi coidadosa das seccións nas que se realizarán os aforos, de tal xeito que todas as vías da rede queden representadas.

Memoria de Tráfico 

Desde o ano 1993 edítase a Memoria de Tráfico da Rede Autonómica de Estradas de Galicia e, desde o ano 1998, a memoria edítase en formato dixital, permitindo visualizar os datos rexistrados polas estacións de aforo e os planos de intensidades de tráfico da rede.

Última versión publicada (ano 2025)

Hai dúas posibilidades para consultar esta edición dixital desde esta páxina web:

Visor web de información xeográfica cos datos de tráfico

Para consultar os últimos datos publicados referentes ao tráfico, ou á Rede autonómica de estradas de Galicia, premer co cursor no "Visor web Datos de tráfico".

 

Documentos relacionados