No ano 2003 iniciáronse os traballos destinados á obtención de datos xeométricos e de equipamento para o inventario da Rede Autonómica de Estradas de Galicia.
A eficiente explotación da información adquirida conséguese a través dunha base de datos informatizada.
Un dos resultados deses traballo é inventario visual da Rede Autonómica de Estradas de Galicia, accesible desde esta páxina web para calquera persoa. A través deste inventario accédese á imaxe visual do condutor e aos datos xeométricos máis significativos de calquera punto quilométrico que conforma a Rede Autonómica de Estradas de Galicia.
Tamén se pode realizar o percorrido visual ao longo da estrada que se seleccione avanzando ou retrocedendo segundo se desexe.