Plan de seguridade viaria de Galicia
Logo de rematada a vixencia do Plan de seguridade viaria 2022-2025, o Consello da Xunta aprobou o 23/11/2026 o Plan de seguridade viaria de Galicia 2026-2030.
O Plan de seguridade viaria de Galicia 2026-2030 ten como propósito consolidar un sistema viario seguro, resiliente e adaptado aos cambios nos patróns de mobilidade de Galicia, incorporando a innovación tecnolóxica, a análise avanzada de datos e a mellora continua como ferramentas esenciais para a toma de decisións e a avaliación de resultados. O Plan constitúe a continuidade natural do Plan de seguridade viaria de Galicia 2022‑2025 e mantén a estrutura estratéxica do Sistema Seguro.
O Plan de seguridade viaria de Galicia 2026-2030 contou coa colaboración das administracións implicadas e coa participación de diversos axentes sociais, que achegaron as súas suxestións. Adicionalmente, o plan someteuse a unha consulta e participación pública para que toda a sociedade puidera aportar as súas achegas.
Para máis información, pode acceder á páxina web do plan no seguinte enlace: Plan de seguridade viaria de Galicia 2026-2030.
Ligazóns relacionadas
Documentos relacionados
- Plan de seguridade viaria de Galicia 2026-2030
- Informe de seguimento do Plan de seguridade viaria de Galicia 2022-2025
- Seguimento do Plan - Xornada cos actores sociais
- Resumo executivo do Plan de seguridade viaria de Galicia 2022-2025
- Plan de seguridade viaria de Galicia 2022-2025
- Informe de seguimento do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020
- Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020
- Instrución do 17 de xuño de 2010 pola que se desenvolve o anexo de seguridade viaria