Comunicación de incidencias de seguridade viaria
Se vostede ten identificado algunha incidencia relacionada coa seguridade viaria na rede de estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia e quere comunicárllela á Administración Autonómica, cubra o seguinte formulario e a súa mensaxe seralle trasladada á Axencia Galega de Infraestruturas.
INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
Responsable do tratamento | Xunta de Galicia – Axencia Galega de Infraestruturas. |
Finalidades do tratamento | Xestión da incidencia de seguridade viaria que vostede comunique a través deste formulario. No seu caso, informarlle sobre o estado da súa comunicación ou solicitarlle información adicional. |
Lexitimación para o tratamento | O cumprimento dunha misión realizada en interese público fundamentada na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia e o Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas. |
Destinatarios dos datos | Os seus datos poderán ser comunicados á consellería con competencias en materia de infraestruturas á que se atope adscrita a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) e a outras administracións con competencias na materia coa finalidade de xestionar a súa comunicación. |
Exercicio de dereitos | As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos |
Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional | https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais |
Coloca o marcador no punto do mapa que queiras obter as coordenadas
As coordenadas seleccionadas son:
Latitude:
Lonxitude: