Plan de seguridade viaria de Galicia

Compártao :

Compartir

Logo de rematada a vixencia do Plan de seguridade viaria 2016-2020, o 28/04/2022 aprobouse o novo Plan de seguridade viaria de Galicia 2022-2025.

O lema que informa o novo plan é o da “visión cero”, é dicir, que o horizonte buscado coas medidas que desenvolverá o plan é o da redución ao mínimo posible das vítimas en accidentes de tráfico nas estradas galegas, de modo que nos aproximemos a un obxectivo final de cero vítimas de accidentes de tráfico. 

O Plan de seguridade viaria de Galicia 2022-2025 contou coa colaboración das administracións implicadas e coa participación de diversos axentes sociais, que achegaron as súas suxestións. Adicionalmente, o plan someteuse a unha consulta e participación pública para que toda a sociedade puidera aportar as súas achegas.

Para máis información, pode acceder á páxina web do plan no seguinte enlace: Plan de seguridade viaria de Galicia 2022-2025.

Documentos relacionados