Autorizacións e declaracións responsables

Compártao :

Compartir

Introdución

A execución de obras e instalacións ou a realización de calquera outra actividade na zona de dominio público das estradas autonómicas ou nas súas zonas de protección está suxeita ao deber de obter a correspondente autorización previa da Axencia Galega de Infraestruturas, agás que estea suxeita a declaración responsable ou sexa expresamente permitida pola normativa de estradas de Galicia.

Por outra banda, a Axencia Galega de Infraestruturas emitirá o informe vinculante ao que se refire a normativa vixente en materia de circulación e vehículos cando, segundo esta, requiran autorización previa ou autorización complementaria de circulación, así como para a realización de usos especiais das estradas autonómicas.

Autorizacións

Pode solicitar a autorización necesaria para executar obras ou instalacións, ou realizar calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público e/ou no resto das zonas de protección (zona de servidume ou zona de afección) dunha estrada de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, agás accesos, premendo no seguinte enlace:

Pola súa parte, na seguinte ligazón poderá solicitar autorización para o establecemento de novos accesos, o cambio de uso ou a reordenación dun acceso existente:

Declaración responsable para a realización de obras menores de conservación e mantemento

Se vostede quere realizar unha obra menor de conservación e mantemento de edificacións, instalacións ou peches situados na zona de servidume ou na zona de afección dunha estrada de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, pode tramitar a correspondente declaración responsable a través da seguinte ligazón:

Consulta previa de viabilidade dunha autorización

Se desexa realizar unha consulta previa sobre a viabilidade dunha autorización ou obter información e orientación sobre os requisitos técnicos e xurídicos que as disposicións vixentes lle impoñen para a súa solicitude, prema na seguinte ligazón:

Informe de usos especiais da estrada

A Axencia Galega de Infraestruturas emitirá o informe vinculante ao que se refire a normativa vixente en materia de circulación e vehículos cando, segundo esta, requiran autorización previa ou autorización complementaria de circulación, así como para a realización de usos especiais das estradas autonómicas. Na seguinte ligazón pode solicitar o dito informe: