A lexislación de estradas de Galicia establece a posibilidade de que a administración titular das estradas tramite expedientes para a redución excepcional das distancias xerais establecidas para a liña límite de edificación, fóra dos treitos urbanos, sempre que quede garantida a ordenación das marxes da estrada, o adecuado control dos seus accesos e a seguridade viaria, cando nunha estrada, ou en treitos concretos dela, as características do lugar fagan extraordinariamente dificultoso respectar as distancias sinaladas.
A ese respecto, o Regulamento Xeral de Estradas de Galicia regula as circunstancias que deben concorrer e o procedemento para a tramitación dun expediente de redución excepcional da distancia da liña límite de edificación. En concreto, a liña límite de edificación poderase reducir cando concorra algunha das seguintes circunstancias:
- A existencia dunha orografía accidentada, que comporte que a execución de edificacións máis aló da distancia establecida con carácter xeral para a liña límite de edificación que implique alteracións do terreo natural superiores ás que se efectuarían no caso de que esta se situase a unha distancia inferior.
- A necesidade de situar nas marxes da estrada edificacións ou instalacións destinadas a servir como elementos funcionais da estrada, como servizos vinculados á infraestrutura viaria ou ao sistema xeral de transporte, ou como parte doutras redes ou infraestruturas de servizos públicos.
A continuación pódense consultar os expedientes de redución excepcional da distancia da liña límite de edificación tramitados ata o momento:
PO-315 PPQQ 11+240 a 11+520. T.M. Cangas
- Resolución de aprobación definitiva (DOG 2/5/2013)
- Plano/s (arquivo comprimido)
AC-303 PPQQ 1+365 a 3+095. T.M. Ribeira
- Resolución de aprobación definitiva (DOG 4/2/2014)
- Plano/s (formato PDF)
OU-533 PPQQ 18+620 a 20+035. T.M. Viana do Bolo
- Resolución de aprobación definitiva (DOG 26/3/2014)
- Plano/s (formato PDF)
OU-151 PPQQ 0+120 a 0+380. T.M. Piñor
- Resolución de aprobación definitiva (DOG 9/12/2014)
- Plano/s (formato PDF)
OU-154 PPQQ 1+440 a 2+100. T.M. Piñor
- Resolución de aprobación definitiva (DOG 18/5/2015)
- Plano/s (arquivo comprimido)
AC-566 PPQQ 10+750 a 11+430. T.M. Valdoviño
- Resolución de aprobación definitiva (DOG 7/1/2016)
- Plano/s (arquivo comprimido)
AC-862 PPQQ 63+140 a 63+320, marxe esquerda. T.M. Ortigueira
- Resolución de aprobación definitiva (DOG 17/10/2016)
- Plano/s (formato PDF)
LU-161, PPQQ 2+430 a 2+690. T.M. Viveiro
- Resolución de aprobación definitiva (DOG 20/4/2018)
- Plano/s (arquivo comprimido)