Bonificacións de peaxes
A Xunta de Galicia estableceu unha serie de bonificacións para as persoas usuarias das autoestradas de peaxe de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia:
- AG-55 A Coruña-Carballo
- AG-57 Puxeiros-Val Miñor
Nas seguintes ligazóns, pode obter información detallada de cada unha das bonificacións establecidas:
- Por retorno en 24 horas: 25% da peaxe do percorrido de volta e 50% da peaxe da segunda volta, para persoas usuarias recorrentes.
- En horario nocturno: 50% da peaxe por percorrido en horario nocturno.
- Por familia numerosa: 100% da peaxe do percorrido de volta.
Ademais, tamén pode consultar as preguntas frecuentes sobre as anteditas bonificacións.
Na seguinte táboa resúmense as principais condicións de cada unhas das bonificacións vixentes.
| Tipo de vehículo | Medio de pagamento | Tipo de bonificación | Condicións do percorrido | Aplicable | Bonificación | |
|---|---|---|---|---|---|---|
| Todos os vehículos | Bonificación por retorno en 24 horas | Ida e volta en 24 horas | Todos os días do ano, agás percorridos de ida e volta realizados en domingos e/ou festivos | 1º percorrido | 25% na volta | |
| 2º e ulteriores percorridos | 50% na volta | |||||
| Bonificación por treito en horario nocturno | Percorridos realizados entre as 00:00 horas e as 06:00 horas | Todos os días do ano | 50% | |||
| Só vehículos lixeiros | Bonificación por familia numerosa | Ida e volta en 24 horas | Todos os días do ano | 100% na volta | ||