Preguntas frecuentes sobre autorizacións e declaracións responsables
As marxes das estradas están afectas a unhas zonas de protección polo que, segundo a distancia á estrada na que se queira actuar, existen unha serie de actuacións, instalacións e usos permitidos, autorizables ou suxeitos a declaración responsable ou prohibidos.
Sempre hai que verificar:
- Zona exacta (dominio público, servidume ou afección).
https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/es/estradas/explotacion/proteccion-marxes
- Condicións específicas da actuación.
Segundo o caso, terá que pedir permiso (ou título habilitante) ante o titular da estrada, que no caso das estradas autonómicas é a Axencia Galega de Infraestruturas, a través dos seus correspondentes servizos provinciais.
Pode acceder ao directorio dos servizos provinciais.
Pode acceder á táboa resume dos usos respecto á estrada e as súas zonas de protección.
Como regra xeral, as actuacións en zonas de dominio público ou protección de estradas, segundo o tipo de actuación ou uso, requiren:
- Autorización previa ou
- Declaración responsable
En dominio público sempre.
Nas zonas de servidume ou afección requiren autorización aquelas actuacións que non teñan encaixe na declaración responsable, e especialmente cando poidan afectar á integridade da estrada, á seguridade viaria ou á súa axeitada explotación.
Como regra xeral, na zona de servidume e afección, para os seguintes casos:
- Cortas de arboredo, que se presentará ante o órgano competente en materia forestal.
Pode acceder aquí ao formulario de declaración responsable (MR604R).
- Obras menores de conservación e mantemento sitas en zona de servidume ou afección, que se presentará ante órgano titular da estrada, sempre que:
- Sexan de escasa entidade técnica ou económica.
- Non cambien o uso.
- Non aumenten o volume edificado por encima ou por debaixo da rasante.
- Non afecten á estrutura ou á cimentación.
Tales como:
-
- O pintado e a impermeabilización de fachadas.
- O cambio de fiestras.
- A substitución de tellados.
- Calquera outra de mera conservación e mantemento de edificacións, instalacións e peches.
Pode acceder aquí ao formulario de declaración responsable (IF321H).
Sempre autorización e deben situarse detrás da liña límite de edificación.
Debe empregar o formulario IF204A
- Para os peches existentes nas zonas de servidume e afección da estrada, se son obras menores de conservación e mantemento, requirirá declaración responsable.
- Para construír un peche novo, requirirá autorización.
En todos os casos require autorización, que debe solicitarse a través do formulario IF205D
Terá que presentar unha declaración responsable ante o órgano titular da estrada, se a edificación se atopa en zona de servidume e afección.
Debe ter en conta que a actuación debe ser de escasa complexidade e entidade técnica ou económica e non debe producir cambio de uso nin incremento do volume edificado por encima ou por debaixo da rasante, nin que afecten a estrutura ou a cimentación.
Acceda aquí ao formulario de declaración responsable (IF321H)
Terá que presentar unha declaración responsable ante o órgano titular da estrada, se a edificación se atopa en zona de servidume e afección.
Debe ter en conta que a actuación debe ser de escasa complexidade e entidade técnica ou económica e non debe producir cambio de uso nin incremento do volume edificado por encima ou por debaixo da rasante, nin que afecten a estrutura ou a cimentación.
Acceda aquí ao formulario de declaración responsable (IF321H)
Terá que presentar unha declaración responsable ante o órgano titular da estrada, se a edificación se atopa en zona de servidume e afección.
Debe ter en conta que a actuación debe ser de escasa complexidade e entidade técnica ou económica e non debe producir cambio de uso nin incremento do volume edificado por encima ou por debaixo da rasante, nin afectárselle á estrutura ou á cimentación.
Acceda aquí ao formulario de declaración responsable (IF321H)
Non se admite declaración responsable se hai ocupación de dominio público con elementos auxiliares (andamios, guindastres, etc.), en cuxo caso debe solicitar autorización.
Pode solicitar a autorización a través do formulario IF204A
Na zona de servidume e afección, debe presentar unha declaración responsable ante o órgano competente en materia forestal.
Acceda aquí ao formulario de declaración responsable (MR604R)
En todos os caso require autorización, que debe solicitar a través do formulario IF204A
Ningún permiso unicamente no caso de ser cultivos ou outras labores agrícolas que non modifiquen a topografía do terreo, na zona de servidume e afección.
No caso de que impliquen a modificación da topografía do terreo, os cultivos e as labores agrícolas si requirirán autorización. Pode solicitar a autorización a través do formulario IF204A
Logo de comprobada a titularidade da estrada, dirixirá a súa solicitude ou declaración, segundo o caso, á Administración titular da estrada.
No caso dunha estrada de titularidade autonómica, debe dirixila a:
- Os suxeitos obrigados a tramitación electrónica, a través da sede da Xunta (https://sede.xunta.gal) entrando no correspondente formulario.
- Os suxeitos non obrigados a tramitación electrónica, a través da sede electrónica da Xunta ou presencialmente nas oficinas de atención á cidadanía e rexistro
https://012.xunta.gal/es/servizos-destacados/oficinas-de-atencion
Pode acceder ao directorio dos servizos provinciais
https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/axi/directorio-unidades-administrativas
Durante a tramitación da autorización o servizo provincial dirixirase a vostede indicando a contía de taxa, de acordo co fixado na vixente Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Para poder continuar coa tramitación do seu procedemento, é necesario que, logo de realizado o pagamento da taxa solicitada (sexa telemático ou presencial), remita o resgardo acreditativo do pago da taxa ao servizo provincial da Axencia Galega de Infraestruturas que llelo remitiu.