Bonificación en horario nocturno

Compártao :

Compartir

A bonificación en horario nocturno é aplicable ás viaxes realizadas calquera día do ano por todo tipo de vehículos que abonen a peaxe con dispositivo de telepeaxe Vía-T operativo.

A que traxectos se aplica?

Percorridos que se realicen polas autoestradas AG-55 A Coruña-Carballo e AG-57 Puxeiros-Val Miñor, abonados entre as 0:00 horas e as 06:00 horas.

Válido para todos os días do ano.

Que aforro teño?

Bonificación do 50% sobre o importe da peaxe vixente.

Que condicións debo cumprir?

Para beneficiarse da bonificación en horario nocturno, é necesario que antes de realizar os seus traxectos pola autoestrada AG-55 e/ou AG-57 cumpra coas seguintes condicións:

  • Circular en calquera tipo de vehículo.
  • Que o vehículo empregue como sistema de pago un dispositivo de telepeaxe Vía-T interoperable.
  • Que o dispositivo de telepeaxe Vía-T estea en vigor, en condicións plenamente operativas e con saldo para facer efectivo o importe da peaxe.
  • Que o dispositivo de telepeaxe Vía-T estea correctamente colocado nun soporte no interior do vehículo.
  • Abonar o importe do percorrido co dispositivo de telepeaxe Vía-T entre as 0:00 horas e as 06:00 horas.

Esta bonificación, é compatible con outras?

Si, é compatible con:

  • Bonificación en horario nocturno.
  • Bonificación por familia numerosa.

No caso de que sexan de aplicación as tres bonificacións, primeiro calcularase a bonificación por tramo horario de uso, posteriormente sobre o devandito resultado aplicarase a bonificación correspondente por frecuencia de uso coa regulación específica, no seu caso, da bonificación destinada ás familias numerosas.