Visor da Rede Autonómica de Estradas de Galicia
No marco da Estratexia de dixitalización e innovación en materia de estradas de Galicia, aprobada polo Consello da Xunta o 31 de agosto de 2023, a Axencia Galega de Infraestruturas está a impulsar a modernización dos sistemas de información relacionados coa xestión da Rede Autonómica de Estradas de Galicia (RAEG), en colaboración co Instituto de Estudos do Territorio (IET).
Neste contexto, o Visor da Rede Autonómica de Estradas de Galicia permite consultar e visualizar información relacionada coa rede viaria autonómica. A información organízase en diferentes capas, que se poden activar segundo as necesidades, e inclúe datos das propias estradas así como outra información de contexto relacionada coa rede viaria.
O visor irase ampliando progresivamente coa incorporación de novas capas de información, co obxectivo de reunir nun único espazo datos de interese relacionados coa rede viaria e facilitar o seu acceso e consulta por parte da cidadanía.