Plans sectoriais de estradas

Os plans sectoriais de estradas son os instrumentos técnicos e xurídicos de desenvolvemento do Plan Director de Estradas de Galicia, nun determinado ámbito territorial inferior ao da totalidade do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia ou en relación coa rede de estradas de titularidade dunha determinada administración.

Compártao :

Compartir

A elaboración dos Plans Sectoriais da rede viaria vixentes apoiouse na Lei 10/1995 de Ordenación do Territorio de Galicia. Esta contemplaba a figura de plans ou proxectos sectoriais como medio para ordenar a implantación de actuacións cunha clara incidencia territorial e supramunicipal.

Na actualidade atópanse vixentes os planes sectoriais correspondentes aos ámbitos periurbanos das cidades de Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense e Ferrol. A través dos seguintes enlaces pódese acceder a cada un deles: