As propostas do Plan Sectorial céntranse principalmente na definición dunha rede de circunvalación que permita unha mellor distribución do tráfico de acceso á cidade, sirva como colector para o tráfico de carácter local, mitigando a conxestión dentro dela, e mellore a interrelación entre os principais viais de conexión co ámbito supramunicipal e rexional. Para iso proponse a construción de novas vías radiais que melloren a calidade dos desprazamentos aos municipios limítrofes, en especial aos centros comerciais e polígonos industriais situados neles. Proponse tamén unha vía anular, exterior á cidade, cuxa función principal sería distribuír o tráfico entre estas vías radiais. A parte da definición deste cinto, o Plan Sectorial define actuacións de menor entidade destinadas por unha banda a mellorar o acceso á cidade, expondo alternativas a vías xa existentes, e por outro a operacións puntuais de cosido e mellora da rede estruturante xa existente.
- Acordo do Consello da Xunta polo que se aproba definitivamente o Plan Sectorial da Rede Viaria de Ourense e a súa área de influencia (DOG núm. 223 do 20 de novembro de 2014)
- Corrección de erros - Acordo do Consello da Xunta (DOG núm. 111 do 11 de xuño de 2025)
- Tomo I - Plan Sectorial da Rede Viaria de Ourense e a súa área de influencia (aprobado definitivamente o 10 de outubro de 2014): Memoria xeral, Anexo e Planos
- Tomo II - Plan Sectorial da Rede Viaria de Ourense e a súa área de influencia (aprobado definitivamente o 10 de outubro de 2014): Informe de sostibilidade ambiental
- Tomo III - Plan Sectorial da Rede Viaria de Ourense e a súa área de influencia (aprobado definitivamente o 10 de outubro de 2014): Documento de resumo