O Plan Sectorial establece principalmente dous tipos de propostas. O primeiro, céntrase na resolución dos problemas de tráfico nos accesos á cidade polo sur e o oeste, consecuencia do importante crecemento rexistrado nos municipios veciños, en especial Ames e Teo. O segundo consiste na definición e terminación dunha rede orbital que una as diferentes penetracións radiais á cidade, servindo como distribuidor do tráfico nos seus accesos, como colector para o tráfico local e como elemento de relación entre as grandes vías estruturantes de ámbito rexional.
- Acordo do Consello da Xunta polo que se aproba definitivamente o Plan Sectorial da Rede Viaria de Santiago, Ames e Teo (DOG núm. 156 do 13 de agosto de 2003)
- Plan Sectorial da Rede Viaria de Santiago, Ames e Teo (aprobado definitivamente o 24 de xullo de 2003)