Plan Estratéxico de Estradas de Galicia

O Plan Estratéxico de Estradas de Galicia é o instrumento de planificación estratéxica en materia de estradas, que xorde para resolver os problemas detectados nas infraestruturas viarias, partindo das necesidades do territorio, e como marco de referencia para o desenvolvemento das estradas de Galicia.

As infraestruturas viarias son un elemento básico para fomentar a competitividade da economía, e estratéxico para a consecución dun modelo territorial equilibrado polo que, no marco das importantes transformacións que se están producindo en materia de mobilidade e xestión das infraestruturas de transporte, resulta conveniente establecer as liñas de actuación que guíen as actuacións públicas en materia de estradas nos próximos anos, que se recollen no Plan Estratéxico de Estradas de Galicia (PEEG).

O PEEG concíbese como unha parte esencial da política da mobilidade, coordinada e conectada con outros medios de transporte, pero coa consciencia de que as estradas son un elemento clave do transporte de persoas e mercadorías, para acceso aos servizos públicos esenciais e para unha economía de futuro en Galicia.

Para isto, o Plan Estratéxico de Estradas de Galicia está perfectamente coordinado cos principios establecidos na Estratexia Galega de Mobilidade (EGM), conxunto de documentos e ferramentas desenvoltos pola Xunta de Galicia en paralelo ao PEEG para analizar e planificar en todo o seu conxunto a mobilidade na nosa Comunidade e adaptala aos retos da sociedade no futuro en materia de mobilidade sustentable.

As propostas que formula a EGM no sector das estradas materialízanse a través do Plan Estratéxico de Estradas de Galicia, que será un dos instrumentos de planificación que desenvolverán os principios da Estratexia Galega de Mobilidade. Á súa vez, algúns dos distintos programas de actuacións previstos neste Plan serán desenvolvidos, cando sexa preciso, por outros instrumentos de planificación de maior grao de detalle como o Plan de Sendas da Rede Autonómica de Estradas de Galicia ou a Estratexia de actuación en Tramos de Concentración de Accidentes.

Os programas de actuacións que nel se propoñen son o resultado dunha análise conxunta da rede e froito das necesidades detectadas. Téñense en conta as actuacións planificadas por outras administracións (Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, Deputacións e Concellos), aínda que este Plan é unicamente firme sobre as actuacións para desenvolver pola administración autonómica.

O Plan está informado polo principio de sustentabilidade ambiental, no contexto global da loita contra o cambio climático, cunha visión a longo prazo que considera os avances tecnolóxicos que optimicen a xestión, a toma de decisións e o servizo ao cidadán.

Así, o PEEG pon énfase nos seguintes aspectos relacionados coa mobilidade sustentable:

  • Incorporación de obxectivos ambientais á planificación de infraestruturas.
  • Modificación da repartición modal:
  • Fomento do uso de transporte público colectivo.
  • Fomento de modos alternativos e/ou saudables de transporte.
  • Redución do uso do vehículo privado.

Neste sentido, o Plan Estratéxico de Estradas de Galicia inclúe un programa específico de actuacións para o fomento da mobilidade sustentable e a mellora da accesibilidade cos seguintes obxectivos:

  • Habilitar elementos nas estradas para a convivencia dos distintos tipos de tráfico, construíndo sendas para peóns e bicicletas separados da zona de circulación dos vehículos, cun deseño accesible e compatible coa paisaxe.
  • Diminuír o uso do vehículo privado, habilitando espazos de aparcamento na contorna periurbana, e creando plataformas reservadas para fomentar o uso do transporte público, ou mediante a mellora da accesibilidade ás paradas de transporte público.
  • Contribuír á rebaixa das emisións de gases de efecto invernadoiro, mediante o fomento do emprego de modos de transporte non motorizados.

O PEEG tamén persegue a consecución dos obxectivos climáticos e ambientais coa execución doutros programas de actuacións como o Programa de mantemento e conservación de estradas, no que se destinarán os medios necesarios para atrasar o proceso de degradación das características funcionais ou estruturais dos firmes das estradas, o que redunda nunha redución das emisións de gases de efecto invernadoiro. Tamén cos acondicionamentos de travesías previstos no Programa de Seguridade viaria que poden contribuír a diminuír o uso do vehículo privado en zonas urbanas, e coa materialización do Programa de Sustentabilidade ambiental das estradas con subprogramas para a mitigación do impacto ambiental e integración paisaxística das estradas, a mitigación do ruído xerado polo tráfico, ou a xestión da biomasa (estradas verdes).

Coas actuacións que define o Plan búscase alcanzar un modelo de mobilidade sustentable, baseado no principio de que as infraestruturas estarán ao servizo dunha concepción estratéxica do país, organizando a rede viaria cun criterio funcional de racionalidade, primando en todos os programas a seguridade viaria, garantindo a conservación e mantemento da rede en condicións de uso adecuadas, fomentando a investigación e innovación e compatibilizando o desenvolvemento económico coa preservación do medio ambiente.

Liñas de actuación do Plan Estratéxico de Estradas de Galicia - PEEG

 

Programas de actuacións

Para dar resposta aos obxectivos operativos marcados a conseguir co desenvolvemento do Plan Estratéxico de Estradas de Galicia, propóñense unha serie de actuacións que se agrupan segundo o seguinte esquema:

 

Grupo de programas

Programas de actuación

Subprogramas de actuación

Creación de novas infraestruturas 1: Vías de Altas Prestacións

1.1: Autoestradas e autovías

1.2: Vías para automóbiles

2: Eixos novos e variantes

2.1: Eixos novos e variantes da Rede Estruturante

2.2: Eixos novos e variantes da Rede Complementaria
2.3: Eixos novos e variantes da Rede local
Acondicionamento e mellora da infraestrutura existente 3: Ampliacións de capacidade

3.1: Duplicacións de calzada en estradas convencionais

3.2: Conversión en estradas 2+1 e/ou dotación de carrís adicionais

4: Acondicionamentos de estradas

4.2: Acondicionamentos de estradas da Rede Complementaria

4.2: Acondicionamentos de estradas da Rede Complementaria

4.3: Acondicionamentos de estradas da Rede local

5: Mellora de estradas

5.1: Ensanches e melloras da Rede Estruturante

5.2: Ensanches e melloras da Rede Complementaria

5.3: Ensanches e melloras da Rede local

5.4: Melloras para transferencias de estradas

Optimización do uso da infraestrutura existente 6: Fomento da mobilidade sustentable en estradas

6.1: Itinerarios peonís e ciclistas e mellora da accesibilidade

6.2: Aparcamentos disuasorios

6.3: Áreas de parada e descanso

6.4: Plataformas reservadas para o transporte público

6.5: Melloras de paradas de bus

6.6: Outras actuacións de apoio

7: Mantemento e conservación de estradas

7.1: Mantemento da vialidade e conservación ordinaria

7.2: Sistema de xestión de infraestruturas: inspección e execución

7.3: Conservación extraordinaria

8: Seguridade viaria: estradas que perdoan

8.1: Actuacións en tramos de concentración de accidentes e tramos de alto potencial de mellora

8.2: Melloras de interseccións

8.3: Actividades de concienciación en seguridade viaria

8.4: Acondicionamentos de travesías

8.5: Outras actuacións de seguridade viaria

9: Innovación en materia de estradas

9.1: Dixitalización da estrada

9.2: Dixitalización e automatización da xestión da estrada

9.3: Implantación de ITS's

9.4: Investigación en materia de estradas

10: Xestión do dominio público viario

10.1: Mellora do uso e defensa das estradas

10.2: Aproveitamento do dominio público viario

11: Sustentabilidade ambiental das estradas

11.1: Mitigación do impacto ambiental das estradas

11.2: Mitigación do ruído xerado polo tráfico

11.3: Integración paisaxística das estradas

11.4: Xestión da biomasa (estradas verdes)

11.5: Conservación do patrimonio histórico viario

12: Optimización económica das estradas

12.1: Optimización de peaxes en vías de titularidade autonómica

12.2: Optimización de peaxes en vías de titularidade doutras administracións

 

Documentos relacionados