Plan de sendas da Rede Autonómica de Estradas de Galicia

En 2024 a Axencia Galega de Infraestruturas realizou unha recompilación da información dispoñible sobre actuacións existentes e previstas para o desenvolvemento de infraestruturas de fomento da mobilidade sostible na Rede Autonómica de Estradas de Galicia e redactou o Plan de sendas da Rede Autonómica de Estradas de Galicia, instrumento de planificación que marcará a folla de ruta das actuacións a levar a cabo nos vindeiros anos nesta materia.

Proceso

En primeiro lugar, recompilouse toda a información dispoñible sobre actuacións realizadas pola Administración autonómica para o desenvolvemento de infraestruturas de fomento da mobilidade sostible en Galicia. Así, obtívose información e cartografía das sendas peonís e ciclistas xa existentes na rede de estradas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Posteriormente, revisáronse as actuacións previstas nos seguintes documentos:

A continuación, revisáronse os criterios de selección de actuacións empregados en cada unha das estratexias analizadas, co obxectivo de establecer uns criterios de selección unificados para a redacción do Plan de sendas da Rede Autonómica de Estradas de Galicia. Naqueles casos nos que resultou necesario, redefiníronse aqueles criterios de selección que se considerou que deron lugar a resultados indesexados.

Os criterios de priorización básicos que se tiveron en conta son:

  • Demanda potencial de uso (por parte dos peóns e/ou ciclistas).
  • Articulación intermodal, contribuíndo á conexión entre os focos de atracción da demanda e outras infraestruturas de fomento da mobilidade sostible.
  • Mellora da seguridade viaria de peóns e/ou ciclistas, en función do risco, na situación actual, de accidentalidade para eses tipos de usuarios vulnerables, valorado en función da demanda de tráfico de vehículos automóbiles na calzada paralela.
  • Mellora da accesibilidade, incluíndo a de persoas con discapacidade.

Ademais, considerouse conveniente engadir outra serie de criterios de priorización, para garantir a coherencia do Plan coa Estratexia Galega de Mobilidade, a cohesión territorial, a fixación de poboación no mundo rural e a propia viabilidade das actuacións. Eses criterios son os seguintes:

  • Coherencia coa Estratexia Galega de Mobilidade e, en particular, co seu subprograma 10.1, relativo á mellora da seguridade viaria (safety).
  • Funcionalidade en termos municipais non urbanos (fóra das cidades de 50.000 habitantes).
  • Viabilidade da actuación, desde o punto de vista xeométrico e técnico.

Aprobación

O Plan de Sendas da Rede Autonómica de Estradas de Galicia foi aprobado en data 23/01/2025. No apartado Documentos relacionados pode consultar o Plan aprobado.

Documentos relacionados

  • Resolución de aprobación do Plan de Sendas da Rede Autonómica de Estradas
  • Plan de Sendas da Rede Autonómica de Estradas de Galicia