O Plan Sectorial da rede viaria de Ferrol aprobouse orixinalmente en 2002. Os obxectivos estratéxicos que perseguía o Plan eran mellorar a fluidez do tráfico e desconxestionar as vías saturadas, evitar o tránsito de vehículos pesados por vías urbanas de escasa capacidade e con abundante tráfico de axitación, facilitar o acceso ás zonas xeradoras de viaxes, permitir o desenvolvemento comarcal e mellorar a seguridade viaria. Para iso, proponse a execución de novos viais, transformando a rede radial nunha rede mallada que cubra as principais necesidades e deficiencias do sistema viario.
Tras o transcurso dos anos e en base ás novas necesidades xurdidas no ámbito que abarcaba o plan, redáctase e se aproba a Modificación do Plan Sectorial da Rede Viaria de Ferrol, Fene, Neda, Narón, Ares e Mugardos. O obxecto desta modificación foi obter unha óptima coordinación entre os instrumentos de planificación da rede viaria galega, incluíndo aquelas novas actuacións previstas pola administración autonómica no ámbito do plan.
- Acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se aproba a Modificación do Plan Sectorial da Rede Viaria de Ferrol, Fene, Neda, Narón, Ares, Mugardos e Cabanas (DOG núm. 112 do 16 de xuño de 2015)
- Modificación do Plan Sectorial da Rede Viaria de Ferrol, Fene, Neda, Narón, Ares, Mugardos e Cabanas (aprobado definitivamente o 16 de xuño de 2015)
- Acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se aproba o Plan Sectorial da Rede Viaria de Ferrol, Fene, Neda, Narón, Ares, Mugardos e Cabanas (DOG núm. 248 do 18 de decembro de 2002)
- Plan Sectorial da Rede Viaria de Ferrol, Fene, Neda, Narón, Ares, Mugardos e Cabanas (aprobado definitivamente o 19 de setembro de 2002)