Conservación extraordinaria

Actividades de conservación extraordinaria ou rehabilitación son aquelas realizadas para poñer en situación inicial as características dos elementos da estrada ou mellorar o seu estándar inicial.

A Axencia Galega de Infraestruturas executa este tipo de actuacións de xeito programado mediante contratos de obras licitados con este obxecto.

Entre estes traballos poden destacarse os seguintes:

  • Rehabilitación de firmes: actuacións programadas mediante as que se restitúe a un firme a súa capacidade inicial de resistir un determinado tráfico antes de que se teña producido o esgotamento total, ou as destinadas a recuperar as características superficiais dos firmes (regularidade, adherencia, integridade superficial).
  • Rehabilitación de obras de paso e do seu equipamento, para conseguir a maior durabilidade posible e manter a capacidade funcional en condicións axeitadas de seguridade.
  • Renovación da sinalización, do balizamento, dos sistemas de contención e das instalacións de seguridade, cando se teña terminado a súa vida útil.
  • Xestión de muros e noiros, que consiste na estabilización de obras de sostemento de terras, con ou sen estrutura.