Xestión de muros e noiros
A xestión de muros e noiros é un procedemento regulado a través do cal se avalía a evolución do estado de conservación dos muros e noiros para programar e executar as intervencións de mantemento preventivo ou correctivo.
A Axencia Galega de Infraestruturas xestiona os activos asociados á Rede Autonómica de Estradas de Galicia, entre os que se atopan os noiros e muros. O mantemento destes activos artéllase nun procedemento regulado de inventario e inspeccións que permite avaliar a evolución temporal do seu estado de conservación, programando mantementos preventivos fronte a correctivos que permitan asegurar a vialidade das estradas.
En 2020 iniciouse o contrato de servizo para a realización de inventarios e inspeccións principais de noiros e muros na Rede Autonómica de Estradas de Galicia. Ao abeiro deste contrato, desenvolveuse un indicador (Índice de Risco do Talud -IRT-) que avalía o risco de cada activo, que se aplicou sistematicamente nos máis de 360 muros e noiros que se leva inspeccionado. O IRT permitiu identificar activos nos que son precisas actuacións de monitorización e/ou sostemento por cualificarse cun IRT Moi Alto.
Coa identificación inicial daqueles noiros e muros cun IRT Moi Alto, elaborouse a Estratexia de actuación para mellorar a resiliencia fronte ao cambio climático de muros e noiros, que ten como obxectivo priorizar as actuacións e establecer, para cada activo, as actuacións de mellora das condicións de estabilidade e seguridade.
A priorización das actuacións desta Estratexia está baseada en 3 criterios fundamentais:
- Coherencia coa Estratexia Galega de Mobilidade (EGM)
- Mellora das condicións do risco asociado ao activo:
- Índice de Risco do Talud (IRT)
- Danos a outras infraestruturas
- Cambio climático. Avaliación dos noiros segundo a Metodología de adaptación al cambio climático en carreteras (Junio 2023). CEDEX
- Madurez da actuación