Programa de Galicia FEDER 2021-2027
O Programa de Galicia FEDER 2021-2027 foi aprobado mediante a Decisión C(2022) 9307 da Comisión Europea de data 7 de decembro de 2022.
O Programa de Galicia FEDER 2021-2127, redactado segundo o disposto no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, de 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, establece os obxectivos políticos da Unión, as prioridades, os obxectivos específicos, e as accións seleccionadas para a consecución destes obxectivos, os indicadores de realización e de resultados das actuacións seleccionadas e un plan de financiamento para o seu desenvolvemento.
De conformidade co disposto no artigo 49.1 deste Regulamento (UE), a autoridade de xestión asegurarase de que exista un sitio web onde estea dispoñible a información sobre os programas dos que é responsable, que inclúa os obxectivos, as actividades, as oportunidades de financiamento dispoñibles e os logros do programa.
A Axencia Galega de Infraestruturas ten previsto desenvolver no marco do Programa de Galicia FEDER 2021-2027 cinco liñas de actuación que se relacionan na seguinte táboa. Pinchando nas ligazóns pode acceder a información detallada de cada unha delas:
Documentos relacionados
- Programa FEDER Galicia 2021-2027