Liña de Actuación 2.4.02: Resiliencia fronte ao cambio climático de noiros e muros
O cambio climático está a propiciar a existencia de fenómenos meteorolóxicos máis extremos que no caso de Galicia están a manifestarse en precipitacións máis intensas, provocando un maior risco para os usuarios das vías ante posibles desprendementos. Por este motivo exponse realizar accións que contribúan a mitigar este risco mediante a execución de obras que permitan garantir a seguridade de noiros e muros que eviten desprendementos.
O obxectivo político e o obxectivo específico desta liña de actuación son os seguintes:
Código LA | 2.4.02 |
Denominación LA | Resiliencia fronte ao cambio climático de noiros e muros |
Obxectivo político | Obxectivo político 2: unha Europa máis verde, baixa en carbono en transición cara a unha economía con cero emisións netas de carbono e resiliente, promovendo unha transición enerxética limpa e equitativa, o investimento verde e azul, a economía circular, a mitigación e adaptación ao cambio climático, a prevención e xestión de riscos e a mobilidade urbana sostible |
Prioridade | P2A. Transición verde |
Obxectivo específico | RSO2.4. Favorecer a adaptación ao cambio climático e a prevención do risco de catástrofes, así coma a resiliencia, tendo en conta os enfoques baseados nos ecosistemas |
Axuda FEDER | 6.851.527,00 € |
Na seguinte ligazón pode obter información sobre a xestión que leva a cabo a Axencia Galega de Infraestruturas sobre os noiros e muros da Rede Autonómica de Estradas de Galicia e sobre a Estratexia de actuación para mellorar a resiliencia fronte ao cambio climático de muros e noiros, en base á que se desenvolverán as actuacións previstas nesta liña de actuación: