Plan Específico de Prevención de Riscos de Xestión e Medidas Antifraude da AXI

Compártao :

Compartir

O Plan Xeral de Prevención de Riscos de Xestión e Medidas Antifraude da Xunta de Galicia, enmárcase dentro da infraestrutura ética configurada no Programa Marco de Integridade Institucional e Prevención de Riscos de Xestión 2021-2024 e nos principios xerais de funcionamento establecidos na normativa autonómica, que pode consultarse nesta ligazón.

Este Plan Xeral  debe completarse con plans específicos de prevención de riscos de xestión de cada un dos departamentos da Xunta de Galicia. Deste xeito, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade aproba o plan específico da AXI e o dos demais órganos e entidades que a compoñen, no que estes asumen como propias as directrices e manifestacións realizadas no Plan Xeral, e desenvolven as medidas necesarias para adecualo á súa estrutura e funcionamento.

A continuación, pode consultarse o Plan Específico da Consellería e da Axencia, así como a Declaración Institucional de Integridade e Compromiso Ético.

Documentos relacionados