Obxectivo Temático 4: eficiencia enerxética das edificacións públicas

Compártao :

Compartir

Esta actuación encádrase no obxectivo temático nº 4, obxectivo específico OE.4.3.1.

  • Co obxectivo temático nº 4 preténdese desenvolver actuacións vinculadas ao aforro enerxético na Administración pública, na medida en que esta deba exercer de forza tractora na redución do consumo enerxético de Galicia. Neste senso, poderían desenvolverse programas concretos a través dos que se reduza o gasto realizado tanto pola Administración autonómica como pola Administración local, e a través de diferentes enfoques, atendendo aos distintos usos da enerxía e a posibles aspectos estruturais que optimicen o consumo da mesma.
  • No obxectivo específico OE.4.3.1 actúase dentro da prioridade de investimento 4c para mellorar a eficiencia enerxética e redución de emisións de CO2 na edificación e nas infraestruturas e servizos públicos. Por iso inclúense neste obxectivo específico actuacións de auditoría enerxética e intervencións de mellora da eficiencia enerxética na Administración pública, enmarcadas dentro da Estratexia de Aforro e Eficiencia Enerxética no Sector Público de Galicia 2015-2020 (con actuacións de reforma de elementos construtivos para mellora da eficiencia enerxética en edificios educativos; medidas de aforro e eficiencia enerxética en edificacións xudiciais, administrativas, sociais, educativas, deportivas e sanitarias de Galicia, mediante novas instalacións e equipamentos enerxéticos e de impermeabilización; e, por último, medidas destinadas á rehabilitación integral das vivendas sociais para reducir as emisións de carbono e o consumo enerxético).

A continuación recóllense nunha ficha as distintas actuacións relacionadas co obxectivo específico OE.4.3.1:

Ficha de operacións