Obxectivo Temático 3: vial de conexión da A-52 co polígono industrial de San Cibrao das Viñas. Treito A-52 - N-525

Esta actuación encádrase no obxectivo temático nº 3, obxectivo específico OE.3.4.3.

  • No obxectivo temático nº 3 preténdese facilitar a posta en marcha, a consolidación e o crecemento de empresas da comarca de Ourense ao proporcionar conexións entre centros loxísticos e redes de transporte europeas.
  • No obxectivo específico OE.3.4.3 (prioridade 3d) preténdese aumentar a presenza en mercados exteriores das pemes galegas para posibilitar o seu crecemento e mellorar a súa competitividade.
  • No marco do desenvolvemento da plataforma loxística de San Cibrao, proponse unha conexión por estrada entre o centro loxístico coa autovía A-52 (RTE-T). Esta actuación está recollida no Plan sectorial da rede viaria de Ourense e a súa área de influencia e é un last mile.

A continuación achégase unha ficha desta actuación financiada con fondos europeos:

Ficha do vial de conexión da A-52 co polígono Industrial de San Cibrao das Viñas. Treito: A-52 - N-525

Na sección de ligazóns desta páxina está dispoñible para a súa descarga, dividido en dúas partes, o proxecto construtivo deste vial. Así mesmo, inclúese unha videopresentación do vial con animación dixital.