PO FEDER Galicia 2014-2020

Compártao :

Compartir

O Programa Operativo componse, principalmente, de eixes prioritarios que conteñen unha estratexia coherente cos fins comunitarios e as necesidades detectadas, unha descrición do tipo de accións que levarán a cabo, unha xustificación da lóxica de intervención segundo os obxectivos específicos establecidos, unha selección adecuada dos indicadores de produtividade e de resultados, un plan de financiamento e unha relación das autoridades que intervirán na xestión e control do programa. O Regulamento (UE) Nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello de 17 de decembro de 2013 establece os detalles que deben conter os programas operativos 2014-2020. Antes da súa entrada en vigor, a Comisión Europea debe aprobalos. O Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 aprobouse en data 12/02/2015 por Decisión da Comisión e pode consultarse na seguinte ligazón.

A Axencia Galega de Infraestruturas desenvolve distintas operacións dentro do marco de dous obxectivos específicos que se detallan a continuación:

Obxectivo temático03 - Mellorar a competitividade das PEMEs, do sector agrícola (no caso do FEADER) e do sector da pesca e a acuicultura (no caso do FEMP)
Prioridade de investimento03.04 - Apoio á capacidade das PEMEs para medrar nos mercados rexionais, nacionais e internacionais e nos procesos de innovación
Obxectivo específico03.04.03 - Promover a Internacionalización das PEMEs
Obxectivo temático04 - Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores
Prioridade de investimento04.05 - Fomento de estratexias de redución do carbono para todo tipo de territorio, especialmente as zonas urbanas, incluído o fomento da mobilidade urbana multimodal sostible e as medidas de adaptación con efecto de mitigación
Obxectivo específico04.05.01 - Fomento da mobilidade urbana sostible: transporte urbano limpo, transporte colectivo, conexión urbana-rural, melloras da rede viaria, transporte ciclista peonil, mobilidade eléctrica e desenvolvemento de sistemas de subministro de enerxías limpas

Así mesmo, e en colaboración con outros centros xestores da Xunta de Galicia, a Axencia está a desenvolver tamén o seguinte obxectivo específico:

Obxectivo temático04 - Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores
Prioridade de investimento04.03 - Apoio da eficiencia enerxética, da xestión intelixente da enerxía e do uso de enerxías renovables nas infraestruturas
Obxectivo específico04.03.01 - Mellorar a eficiencia enerxética e redución de emisións de CO2 na edificación e nas infraestruturas e servizos públicos

O 09/08/2021, este Programa Operativo foi modificado para asignar parte dos recursos de REACT-EU postos a disposición de España como recursos asignados externos, no marco do obxectivo temático “Fomentar a reparación da crise no contexto da pandemia de COVID-19 e as súas consecuencias sociais, e preparar unha recuperación económica ecolóxica, dixital e resiliente”.

Coa modificación do Programa Operativo desenvólvense actuacións dentro do Obxectivo Temático 20 que, á súa vez, inclúe dous obxectivos específicos, como se detalla a continuación:

Obxectivo temático20 - Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia de COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía
Prioridade de investimento13i - Fomento da reparación da crise no contexto da pandemia de COVID-19 e preparación dunha recuperación verde, dixital e resiliente da economía
Obxectivo específicoOE 20.1.2 - OE REACT-UE 2. Apoio aos investimentos que contribúan á transición cara a unha economía dixital
Obxectivo temático20 - Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia de COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía
Prioridade de investimento13i - Fomento da reparación da crise no contexto da pandemia de COVID-19 e preparación dunha recuperación verde, dixital e resiliente da economía
Obxectivo específicoOE 20.1.4 - OE REACT-UE 4. Apoio aos investimentos que contribúan á transición cara a unha economía verde

De conformidade co anexo XII do Regulamento (UE) Nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no apartado 2.2.2,a) a Axencia informará ao público do apoio obtido dos Fondos Feder no seu sitio de Internet. En cumprimento do citado regulamento, nas pestanas correspondentes aos obxectivos temáticos 3 e 4 e 20 recóllense nunha ficha as distintas operacións financiadas con fondos europeos.

O beneficiario, durante a realización dunha operación, informará ao público do apoio obtido dos Fondos facendo unha breve descrición da operación no seu sitio internet , de maneira proporcionada ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Unión.