Liña de Actuación 3.2.05: Plan de acción contra o ruído

Esta acción consistirá en implantar as medidas propostas para a atenuación do ruído no Plan de Acción contra a Contaminación Acústica nas infraestruturas viarias da rede autonómica. Trátase de cumprir coa Directiva2002/49/CE que ten como obxectivo reducir o ruído ambiental, particularmente, cando os niveis de exposición poidan ter efectos nocivos sobre a saúde humana. 

O plan prevé actuar nos puntos de conflito identificados nas estradas autonómicas con actuacións encamiñadas ao acougado do tráfico, prevéndose tamén solucións como a renovación do firme ou a instalación de barreiras acústicas en puntos determinados. Estas actuacións poderanse desenvolver tanto en zonas urbanas como en zonas non urbanas en que o ruído poida afectar á poboación.

O obxectivo político e o obxectivo específico desta liña de actuación son os seguintes:

Código LA 3.2.05
Denominación LA  Plan de acción contra o ruído
Obxectivo político Obxectivo Político 3: unha Europa máis conectada, mellorando a mobilidade 
Prioridade P3A. Mobilidade
Obxectivo específico RSO3.2. Desenvolver e potenciar unha mobilidade sostible, resistente ao cambio climático, intelixente e intermodal a escala nacional, rexional e local, que inclúa a mellora do acceso á RTE-T e a mobilidade transfronteiriza
Axuda FEDER 3.990.296,00 €

 

Na seguinte ligazón pode obter información sobre a xestión do ruído que leva a cabo a Axencia Galega de Infraestruturas nas estradas na Rede Autonómica de Estradas de Galicia e sobre o Plan de acción contra a contaminación acústica xerada polas infraestruturas viarias de titularidade autonómica, en base ao que se desenvolverán as actuacións previstas nesta liña de actuación: