Liña de Actuación 3.2.06: Dixitalización e modernización da xestión da rede autonómica de estradas

Obxectivos

Esta liña de actuación pretende facilitar a implantación da Estratexia de Dixitalización e Innovación en materia de Estradas de Galicia intervindo en 5 liñas: administración dixital, dixitalización das estradas e a súa contorna, integración de sistemas de información, desenvolvemento de novas solucións e integración de sistemas intelixentes de transporte. Con estas actuacións búscase aumentar a eficacia na xestión da Rede Autonómica de Estradas de Galicia.

O obxectivo político e o obxectivo específico desta liña de actuación son os seguintes:

Código LA 3.2.06
Denominación LA  Dixitalización e modernización da xestión da rede autonómica de estradas
Obxectivo político Obxectivo Político 3: unha Europa máis conectada, mellorando a mobilidade 
Prioridade P3A. Mobilidade
Obxectivo específico RSO3.2. Desenvolver e potenciar unha mobilidade sostible, resistente ao cambio climático, intelixente e intermodal a escala nacional, rexional e local, que inclúa a mellora do acceso á RTE-T e a mobilidade transfronteiriza
Axuda FEDER 5.954.785,00 €

 

Actuacións

Nesta ligazón pode consultar información sobre a Estratexia de dixitalización e innovación en materia de estradas de Galicia.

A continuación, recóllense nunha ficha as distintas operacións relacionadas coa liña de actuación 3.2.06. Ficha de operacións