Liña de Actuación 3.2.04: Fomento da mobilidade a través da execución do Plan de sendas de Galicia
A Axencia Galega de Infraestruturas iniciou no Período Operativo 2014-2020 o desenvolvemento das sendas para uso de peóns e ciclistas priorizadas nos plans de sendas comarcais redactados ata o momento para o desenvolvemento da Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia.
Posteriormente, en 2024 redactou o Plan de sendas da Rede Autonómica de Estradas de Galicia, instrumento de planificación que marcará a folla de ruta das actuacións a levar a cabo nos vindeiros anos nesta materia.
Este novo plan permitirá continuar co desenvolvemento de sendas que permitan a mobilidade a pé e en bicicleta por toda Galicia. O desenvolvemento destas infraestruturas permitirá reducir as emisións causantes do cambio climático, mellorando a calidade do aire e a saúde das persoas dado que contribuirán a unha mobilidade sostible.
O obxectivo político e o obxectivo específico desta liña de actuación son os seguintes:
| Código LA | 3.2.04 |
| Denominación LA | Fomento da mobilidade a través da execución do Plan de Sendas de Galicia |
| Obxectivo político | Obxectivo político 3: unha Europa máis conectada, mellorando a mobilidade |
| Prioridade | P3A. Mobilidade |
| Obxectivo específico | RSO3.2. Desenvolver e potenciar unha mobilidade sostible, resistente ao cambio climático, intelixente e intermodal a escala nacional, rexional e local, que inclúa a mellora do acceso á RTE-T e a mobilidade transfronteiriza |
| Axuda FEDER | 21.926.244,00 € |
Na seguinte ligazón pode obter información sobre o Plan de sendas da Rede Autonómica de Estradas de Galicia, que servirá de base para a execución das actuacións previstas nesta liña de actuación:
Actuacións
A continuación, recóllense nunha ficha as distintas operacións relacionadas coa liña de actuación 3.2.04.