Liña de Actuación 3.2.03: Mellora da seguridade viaria en puntos de concentración de accidentes de estradas convencionais interurbanas
As condicións de seguridade viaria na Rede Autonómica de Estradas de Galicia foron mellorando continuamente, aínda que a día de hoxe o nivel de accidentalidade segue sendo inaceptable. Para reducir a sinistralidade en estradas de titularidade autonómica, desenvolveranse dous tipos de actuacións: actuacións en Treitos de Concentración de Accidentes (TCAs) e actuacións nas marxes de estradas para reducir as consecuencias para as persoas dos accidentes que se produzan.
O obxectivo político e o obxectivo específico desta liña de actuación son os seguintes:
Código LA | 3.2.03 |
Denominación LA | Mellora da seguridade viaria en puntos de concentración de accidentes de estradas convencionais interurbanas |
Obxectivo político | Obxectivo político 3: unha Europa máis conectada, mellorando a mobilidade |
Prioridade | P3A. Mobilidade |
Obxectivo específico | RSO3.2. Desenvolver e potenciar unha mobilidade sostible, resistente ao cambio climático, intelixente e intermodal a escala nacional, rexional e local, que inclúa a mellora do acceso á RTE-T e a mobilidade transfronteiriza |
Axuda FEDER | 12.585.605,00 € |
A Axencia Galega de Infraestruturas conta con dúas estratexias para actuar nos Treitos de Concentración de Accidentes e nos Treitos de Alto Potencial de Mellora da Rede Autonómica de Estradas de Galicia, en base ás que se desenvolverán as actuacións desta liña de actuación. Na seguinte ligazón pode obter información detallada sobre a Estratexia de actuación en Treitos de Concentración de Accidentes 2021 (TCAs) e da Estratexia de actuación en Treitos de Alto Potencial de Mellora 2022 (TAPM):