Obxectivo Temático 20 – Sendas

Compártao :

Compartir

Esta actuación encádrase no obxectivo temático nº 20, obxectivo específico OE 20.1.4 - OE REACT-UE 4.

  • Co obxectivo temático nº 20 preténdese apoiar o investimento en produtos e servizos para os servizos de saúde, en forma de capital circulante ou investimentos para as PEMEs en sectores cun elevado potencial de creación de emprego, aos sectores máis afectados pola crise da COVID-19, investimentos que contribúan á transición cara a unha economía dixital e verde, e investimentos en infraestruturas que presten servizos básicos aos cidadáns e cidadás.
  • Co obxectivo específico OE 20.1.4 - OE REACT-UE 4, actúase dentro da prioridade 13i de fomento da reparación da crise no contexto da pandemia de COVID-19 e preparación dunha recuperación verde, dixital e resiliente da economía. Dentro deste obxectivo contémplase a potenciación da mobilidade sustentable, mediante o fomento da intermodalidade no transporte de viaxeiros e a construción de sendas peonís e ciclistas, para contribuír á redución de emisións. Nesta liña, executaranse sendas peonís e ciclistas integradas na paisaxe, que favorezan os modos de desprazamento non contaminantes e alternativos ao coche, centrándose en itinerarios que permitan percorrer con seguridade a distancia entre os núcleos urbanos e os centros de equipamentos e servizos de uso cotiá.

A continuación, recóllense nunha ficha as distintas actuacións relacionadas co obxectivo específico OE 20.1.4 - OE REACT-UE 4.

Ficha de operacións