Obxectivo Temático 4: sendas peonís e de ciclistas

Compártao :

Compartir

Esta actuación encádrase no obxectivo temático nº 4, obxectivo específico OE.4.5.1.

  • Co obxectivo temático nº 4 preténdese reducir o uso do automóvil/transporte individual nos desprazamentos, medio de transporte máis contaminante en cantidade e calidade, promovendo o transporte coletivo, a intermodalidade e o transporte ciclista e peonil.
  • No obxectivo específico OE.4.5.1 actúase dentro da prioridade de investimento 4e con sendas peonís e ciclistas. Con estas actuacións trátase de fomentar a mobilidade urbana sostible deseñando carrís para bicicletas e camiños peonís no marco da Estratexia rexional de mobilidade alternativa e como desenvolvemento do Plan MOVE. Estas actuacións contribuirán a desenvolver un territorio intercomunicado cunha rede de vías de mobilidade alternativa (non motorizada) ao vehículo privado, coas importantes melloras ambientais derivadas, incrementando o número de usuarios/as de sistemas de transporte non contaminantes e implementando na comunidade unha maior sensibilización en relación coa produción de gases de efecto invernadoiro, especialmente o CO2.

A continuación recóllense nunha ficha as distintas actuacións relacionadas co obxectivo específico OE.4.5.1:

Ficha de operacións