A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas.
Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións.
A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:
- PO/17/161.01.2 | Reformulación do treito PO-350 Goián da VAC. Tui A Guarda. Treito II: PO-350 (3+790) PO-552 (12+000) (T.M Tomiño Pontevedra)
- OU/19/178.10 | Acondicionamento da OU-540. Treito: Celanova-Fronteira Portuguesa (pp.qq 29+000-71+910)
- LU/19/165.10 | Mellora da capacidade e seguridade da LU-540 (Viveiro - Cabreiros)
- PO/19/127.10 | Acondicionamento da PO-235. 3ª FASE
- LU/22/071.02 | Actuacións para restablecer a circulación viaria, cortada polo colapso da LU-651 entre os pp.qq. 17+650 e 18+470
- AC/20/101.06 | Glorieta no p.q. 4+120 da AC-116 e conexión co Polígono Empresarial Río do Pozo
- AC/22/048.06 | Mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na RAEG nas rutas de acceso polo norte á cidade da Coruña
- AC/21/215.30.1 | Mellora de accesos ao CHUAC
- OU/22/057.06 | Mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na RAEG nas rutas de acceso á cidade de Ourense
- AC/22/054.06 | Mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na RAEG nas rutas de acceso polo noroeste á cidade de Santiago