Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública
A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas.
Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións.
A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:
Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública
Mapas estratéxicos de ruído da Rede autonómica de estradas de Galicia. Cuarta fase
- Clave: GA/23/041.09.1
- Provincia: Galicia
- Concello: BOIRO, VIGO, SALCEDA DE CASELAS, O PORRIÑO, NIGRÁN, MOS, GONDOMAR, BAIONA, A ESTRADA, A ILLA DE AROUSA, VILANOVA DE AROUSA, VILAGARCÍA DE AROUSA, SANXENXO, RIBADUMIA, MEIS, MEAÑO, O GROVE, CAMBADOS, PONTE CALDELAS, POIO, PONTEVEDRA, BARRO, MOAÑA, MARÍN, CANGAS DE MORRAZO, BUEU, SALVATERRA DE MIÑO, PONTEAREAS, PORTAS, CATOIRA, CALDAS DE REIS, TUI, TOMIÑO, A GUARDA, TOÉN, SAN CIBRAO DAS VIÑAS, O PEREIRO DE AGUIAR, OURENSE, BARBADÁS, AMOEIRO, PUNXÍN, MASIDE, MONFORTE DE LEMOS, VIVEIRO, LUGO, ROIS, PADRÓN, DODRO, VEDRA, TEO, SANTIAGO DE COMPOSTELA, BRIÓN, AMES, O PORTO DO SON, OUTES, NOIA, LOUSAME, DUMBRÍA, CEE, VALDOVIÑO, NEDA, NARÓN, MUGARDOS, FERROL, FENE, ARES, CABANAS, SADA, OLEIROS, CULLEREDO, A CORUÑA, CAMBRE, BERGONDO, ARTEIXO, PADERNE, MALPICA DE BERGANTIÑOS, A LARACHA, CORISTANCO, CARBALLO, NEGREIRA, RIBEIRA, RIANXO, A POBRA DO CARAMIÑAL
- Data anuncio DOG: 20/05/2025
- Data límite de alegacións: 20/06/2025
- Data de resolucion DOG: 20/10/2025
- Tipo: Outros Estudos
- Estado: Información pública aprobada
Documentos relacionados
- Anuncio do DOG de información pública
- Documento resumo e mapas sometidos a información pública
- Anuncio do DOG de aprobación definitiva
- Documento resumo e mapas aprobados definitivamente