A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas.
Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións.
A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:
- AC/22/085.06 | Eixo de mobilidade sostible en Santiago de Compostela. Treito Milladoiro - Estación Intermodal
- AC/22/052.06 | Mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na RAEG na zona leste da ATM de Santiago
- AC/22/047.06 | Mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na RAEG na zona leste da ATM da Coruña
- PO/22/059.06 | Mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na RAEG nas rutas de acceso polo norte á cidade de Pontevedra
- PO/22/211.06 | Eixo de mobilidade sostible Vigo-Nigrán na PO-325.
- AC/22/051.06 | Mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na RAEG nas rutas de acceso polo suroeste á cidade de Santiago
- PO/24/021.02 | Mellora da drenaxe das estradas PO-550 e PO-504 en Meaño e Sanxenxo
- AC/23/151.06 | Glorieta na intersección da AC-862 coa AC-115 en Xubia
- PO/23/090.10 | Acondicionamento de treito antigo da PO-400 en Rodo (Crecente)
- AC/23/091.10 | Acondicionamento da AC-421 en Agualada (Coristanco)