A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas.
Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións.
A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:
- GA/19/001.09.4 | Zonas de servidume acústica dos grandes eixes viarios da Rede autonómica de estradas de Galicia
- GA/19/001.09.5 | Plan de acción contra a contaminación acústica da Rede autonómica de estradas de Galicia
- AC/22/045.06 | Mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na RAEG na zona sur da ATM de Ferrol
- PO/21/195.06 | Mellora da mobilidade peonil na intersección das estradas PO-548 e PO-192
- LU/21/030.01 | Actualización do proxecto da Rolda Este de Lugo, treito II: LU-530 - N-VI
- AC/22/053.06 | Mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na RAEG na zona sur da ATM de Santiago
- PO/22/060.06 | Mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na RAEG nas rutas de acceso polo oeste á cidade de Pontevedra
- PO/22/077.06 | Eixo de mobilidade sostible Pontevedra - Marín na PO-546. Treito: Mollabao - Praceres
- AC/22/050.06 | Mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na RAEG nas rutas de acceso polo oeste á cidade da Coruña
- LU/22/055.06 | Mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na RAEG nas rutas de acceso polo norte á cidade de Lugo