A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas.
Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións.
A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:
- AC/21/071.06 | Sendas peonís na AC-542. Abegondo
- PO/22/143.06 | Aparcamentos disuasorios para o fomento do vehículo compartido asociados á implantación de zonas de baixas emisións nas cidades galegas. PO-546
- PO/22/148.06 | Aparcadoiros disuasorios para o fomento do vehículo compartido asociados á implantación de zonas de baixas emisións nas cidades galegas. VG-4.4 e AG-57
- PO/22/089.06 | Mellora viaria para o fomento da mobilidade sostible na estrada PO-323 - 2ª fase (Vigo)
- PO/21/068.06 | Itinerario peonil na contorna do enlace da AG-4.1 coa PO-504
- PO/22/116.06 | Aparcamentos disuasorios para o fomento do vehículo compartido asociados á implantación de zonas de baixas emisións nas cidades galegas. AG-46 e PO-551 en Domaio
- GA/18/104.01 | Actualización do proxecto de construcción Autovía AG-59. Treito: A Ramallosa - Enlace PO-841
- PO/21/069.06 | Sendas peonís na marxe dereita da PO-302 e PO-306
- AC/21/215.30.3 | Novo Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Fase 1.1
- AC/21/088.06 | Senda na AC-131 entre Peteiro e O Baño (Mugardos)