A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas.
Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións.
A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:
- PO/16/268.06 | Fomento da mobilidade sostible. Senda na PO-551. Treito: A Moureira- Palmás. P.Q. 29+450- 30+900
- AC/04/156.01.4.1.2.M1 | Vía Ártabra N-VI - AP9. Fase I: N-VI - AC-221 (ampliado coa Fase II, estrada AC-221-autoestrada AP-9)
- AC/18/186.06 | Reformulación do proxecto "Itinerario peonil e ciclista na AC-214. Sigrás. P.Q. 8+500-9+260".
- LU/16/075.10.1 | Adaptación da estrada LU-231, Friol - A Baiuca, P.Q. 0+000 -18+700 (enlace autoestrada A-54) ao Plan de Baixa IMD mellorada. Treito: 0+000-9+400
- PO/18/119.01 | Mellora da capacidade do enlace da VAP AG-41 coa PO-504 en Sanxenxo
- AC/16/197.06 | Itinerario peonil e ciclista na AC-241. Treito: San Gregorio - Rozadela (Concello de Vedra). P.Q. 2+540 - 3+490.
- PO/17/145.06 | Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2016-2020: MSV no entorno de TCA na estrada PO-552, PQ 6+500 a 7+800
- LU/19/160.10 | Ensanche e mellora da LU-114 na entorna do P.Q. 1+100
- OU/19/024.06 | Acceso ao Parque Empresarial de Lebozán (Conexión OU-212)
- AC/19/073.06 | Senda na AC-424. PP.QQ. 1+150-1+400 (O Couto)