A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas.
Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións.
A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:
- PO/17/149.06 | Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2016-2020: MSV no entorno de TCA´s na estrada PO-551, PK 29+000 a 32+700
- OU/07/068.01 | Circunvalación leste de Ourense. Treito OU-105 (Bemposta) - N525
- AC/16/219.01 | Primeira fase da prolongación da autovía da Costa da Morte. Treito Santa Irena - AC-432.
- AC/19/037.06 | Reurbanización da Travesía de Outes. 2ª fase
- AC/16/071.06 | Itinerario peonil e cliclista na AC-133. Eixo Sur. Treito Franza - Rilo. P.Q. 7+200 - 8+550.
- AC/18/014.10 | Mellora da capacidade e seguridade da AC-862. Treito: AG-64 - Ponte Mera.
- AC/16/082.06 | Itinerario peonil e ciclista na AC-552. Treito: Carballo - Coristanco. PQ. 32+620 - 34+400.
- AC/18/040.10 | Reformulación do proxecto Acondicionamento da estrada AC-566. Treito: Valdoviño- Cedeira
- AC/18/024.06 | Actuacións no Camiño Portugués en Santiago de Compostela. Treito: Rúa Escurridía - Ponte Vella
- AC/17/138.06 | Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2016-2020: MSV no entorno de TCA na estrada AC-552, PQ 2+100 a 3+000