A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas.
Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións.
A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:
- Clave: GA/19/001.09.2
- Provincia: Galicia
- Concello: A ESTRADA, VILANOVA DE AROUSA, VILAGARCÍA DE AROUSA, VIGO, VALGA, TUI, TOMIÑO, TEO, SANXENXO, SALVATERRA DE MIÑO, SALCEDA DE CASELAS, RIBADUMIA, PORTAS, PONTEVEDRA, PONTECESURES, PONTEAREAS, POIO, O PORRIÑO, O GROVE, NIGRÁN, MOS, MOAÑA, MEIS, MEAÑO, MARÍN, GONDOMAR, CATOIRA, CANGAS, CAMBADOS, CALDAS DE REIS, BUEU, BARRO, BAIONA, A ILLA DE AROUSA, A GUARDA
- Data anuncio DOG: 26/10/2020
- Data límite de alegacións: 26/11/2020
- Data de resolucion DOG: 07/10/2021
- Tipo: Outros Estudos
- Estado: Información pública aprobada
- Documentación completa Descargar
- Anuncio DOG
- Documentación aprobada definitivamente
- Resolución da aprobación do expediente e dos mapas definitivos
- Anuncio no DOG da resolución