A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas.
Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións.
A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:
- PO/17/187.01 | Estrada de conexión PO-531 - N-550 (Variante de Alba)
- AC/17/012.10.2 | Mellora e integración paisaxística das entradas dos Camiños de Santiago en Santiago de Compostela. Ámbito: Camiño Francés
- PO/16/261.06 | Fomento da Mobilidade Sostible. Senda na PO-531. Treito: A Devesa. P.Q. 5+460-6+900
- AC/18/023.06 | Actuacións no Camiño Inglés en Santiago de Compostela. Treito: Cemiterio- Cruce de Meixonfrío
- OU/16/269.06 | Fomento da mobilidade sostible. Senda na OU-537, treito: Parques empresariais. (P.Q. 0+000- 2+030), e na OU- 536, treito: A Derrasa (P.Q. 7+180- 7+940)
- PO/16/139.10 | Adaptación ao Plan de Baixa IMD mellorada da PO-234, P.Q. 0+420 (Pontecaldelas) - 2+580 (Laxoso)
- OU/15/011.01 | Variante de Verea
- PO/16/105.06 | Itinerario peonil e ciclista na PO-411. Treito: Parderrubias. P.Q. 4+260 - 6+250.
- PO/16/266.06 | Fomento da mobilidade sostible. Senda na PO-313. Treito: Coirados- Pardavila. P.Q. 1+380 - 3+330.
- LU/16/048.01 | Conexión Porto Seco de Monforte coas estradas LU-933 e CN-120. Treito: LU-933 - CN-120