A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas.
Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións.
A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:
- GA/19/001.09.2 | Mapas estratéxicos de ruído dos grandes eixes viarios da Rede autonómica de estradas de Galicia na provincia de Pontevedra.
- GA/19/001.09.3 | Mapas estratéxicos de ruído dos grandes eixes viarios da Rede autonómica de estradas de Galicia na provincia da Coruña.
- PO/19/054.06 | MSV na estrada PO-542, P.Q. 4+840-5+040, Pazos
- AC/20/009.06.1 | Fomento da Mobilidade Sostible. Itinerario peonil e ciclista na AC-213 na Telva (PQ. 1+840-2+340)
- PO/19/072.06 | Senda na PO-548 (PP.QQ 2+970-3+200) e continuidade nun vial municipal.
- PO/19/158.06 | MSV e mellora da accesibilidade na PO-330
- PO/16/262.06 | Fomento da mobilidade sostible. Senda na PO-223. Treito: O Couso- O Sobral. P.Q. 3+600- 5+760
- PO/20/030.06 | MSV na estrada PO-224, P.Q. 2+440-2+830, San Andrés de Xeve.
- GA/19/096.09.1 | Catálogo de estradas da Rede Autonómica de Estradas de Galicia
- AC/19/128.06 | Senda na AC-301 entre os pp.qq. 2+250 e 2+800