Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública

A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas. 

Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións. 

Compártao :

Compartir

A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:

Actualización do proxecto de construcción Autovía AG-59. Treito: A Ramallosa - Enlace PO-841
  • Clave: GA/18/104.01
  • Provincia: Galicia
  • Concello: A ESTRADA, TEO
  • Data anuncio DOG: 18/11/2020
  • Data límite de alegacións: 04/01/2021
  • Data de resolucion DOG: 03/01/2023
  • Tipo: Proxecto de Construción e Estudo de Impacto Ambiental
  • Estado: Información pública aprobada
  • Documentación completa Descargar
Documento/s relacionados