A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas.
Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións.
A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:
- PO/21/120.10 | Primeira fase do acondicionamento da estrada PO-546 entre o PQ. 4+400 e o 4+890
- OU/16/274.06 | Fomento da mobilidade sostible. Senda na OU-536. Treitos: As Vendas (P.Q. 11+890- 12+810) e Santa Baia (P.Q. 9+100-11+120)
- OU/16/272.06 | Fomento da mobilidade sostible. Senda na OU-101. Treitos: A Medorra (P.Q. 7+750- 9+420) e Paiseo (P.Q. 13+780- 14+230)
- LU/17/103.10 | Acondicionamento da LU-710 P.Q. 0+000- 4+500
- OU/21/025.06 | Reposición de acceso a camiño municipal afectado pola construción das obras da VG-3.1. PK 2+700. San Cibrao das Viñas.
- AC/19/004.06 | Senda na AC-404. Treito: A Ponte-Santa Catalina. P.Q. 1+880-2+330
- PO/18/115.06 | Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2016-2020: MSV no entorno de TCA na estrada PO-504, PK 1+300 a 3+000
- PO/16/139.10.1 | Adaptación ao Plan de Baixa IMD mellorada da PO-234, PQ 2+580 (Laxoso)- 4+150 (Cruce de Portasouto)
- PO/20/108.06 | Glorieta na PO-551. P.Q. 14+400 (Concello de Bueu)
- LU/16/075.10.2 | Adaptación da estrada LU-231, Friol - A Baiuca, P.Q. 0+000 -18+700 (enlace autoestrada A-54) ao Plan de Baixa IMD mellorada. Treito: 9+400- 18+700