Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública
A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas.
Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións.
A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:
Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública
Vía Ártabra N-VI - AP9. Fase I: N-VI - AC-221 (ampliado coa Fase II, estrada AC-221-autoestrada AP-9)
- Clave: AC/04/156.01.4.1.2.M1
- Provincia: A Coruña
- Data anuncio DOG: 30/12/2020
- Data límite de alegacións: 12/02/2021
- Tipo: Proxecto de Construción
- Estado: Finalizado o período de alegacións
- Documentación completa: Descargar
Documentos relacionados
- Anuncio DOG