Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública

A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas. 

Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións. 

A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:

Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública

Mapas estratéxicos de ruído dos grandes eixes viarios da Rede autonómica de estradas de Galicia na provincia da Coruña.

  • Clave: GA/19/001.09.3
  • Provincia: Galicia
  • Concello: BOIRO, A ESTRADA, ROIS, PADRÓN, DODRO, TEO, SANTIAGO DE COMPOSTELA, BRIÓN, AMES, PORTO DO SON, OUTES, NOIA, LOUSAME, DUMBRÍA, CEE, VALDOVIÑO, SAN SADURNIÑO, NEDA, NARÓN, MUGARDOS, FERROL, FENE, AS PONTES DE GARCÍA RGUEZ., SADA, OLEIROS, CULLEREDO, A CORUÑA, CAMBRE, BERGONDO, ARTEIXO, OZA CESURAS, PADERNE, MALPICA DE BERGANTIÑOS, A LARACHA, CORISTANCO, CARBALLO, NEGREIRA, RIBEIRA, RIANXO, A POBRA DO CARAMIÑAL
  • Data anuncio DOG: 07/12/2020
  • Data límite de alegacións: 07/01/2021
  • Data de resolucion DOG: 07/10/2021
  • Tipo: Outros Estudos
  • Estado: Información pública aprobada
  • Documentación completa: Descargar

Documentos relacionados