A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas.
Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións.
A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:
- Clave: AC/22/054.06
- Provincia: A Coruña
- Concello: CEE, SANTA COMBA, ZAS, VIMIANZO, CAMARIÑAS, BRIÓN, AMES, FISTERRA, DUMBRÍA, CORCUBIÓN
- Data anuncio DOG: 04/01/2023
- Data límite de alegacións: 16/02/2023
- Data de resolucion DOG: 30/05/2023
- Tipo: Proxecto de Trazado
- Estado: Información pública aprobada
- Ficha descriptiva
- Proxecto dixital
- Anuncio DOG
- Plano de conxunto
- Resolución DOG