A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas.
Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións.
A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:
- PO/22/206.06 | Senda peonil na PO-407 (O Porriño)
- LU/22/071.02.1 | Restitución da estrada LU-651 entre os PP.QQ. 17+650 e 18+470
- OU/23/189.06 | Mellora da OU-212 (1ª fase). Rectificación de trazado (Beariz) e humanización da travesía de Liñares (Avión)
- PO/23/096.01 | Conexión dun vial de concentración parcelaria coas estradas PO-531 e PO-301
- OU/21/097.01 | Rolda Este Ourense. Treito Bemposta - N-525
- AC/23/030.06 | Expropiacións complementarias no eixo de mobilidade sustentable en Santiago de Compostela, treitos: Milladoiro - Estación intermodal, acceso ao CHUS e Estación intermodal - San Caetano
- LU/21/218.01 | Conversión en autovía do Corredor Nadela-Sarria. Treito: Nadela - A Pobra de San Xiao
- PO/17/161.01.1 | Reformulación do treito PO-350 - Goián. VAC Tui- A Guarda. MSV da estrada PO-552, pp.qq. 57+760 a 59+860
- PO/20/086.10 | Adaptación dos Camiños de Servizo previstos no proxecto: "Reformulación treito PO-350 - Goián. Vía de Alta Capacidade (VAC) Tui- A Guarda. MSV da estrada PO-552, p.q. 57+760 a 59+860, clave: PO/17/161.01.1" as necesidades de mobilidade municipal
- LU/23/103.06 | Glorieta na intersección da LU-903 e LU-P-5903 en Doade (Sober)