Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública
A Lei 8/2013 de estradas de Galicia (art. 21) e o Decreto 66/2016 polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (art. 49) determinan os casos nos que os estudos e proxectos deben ser sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e de informe das administracións afectadas.
Pola súa banda, a Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (artigos 17 a 19) establece a necesidade de someter a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polos proxectos para cuxa execución se requira realizar expropiacións.
A continuación pode consultar unha listaxe e os datos básicos dos estudos e proxectos de estradas sometidos ao trámite de información pública conforme á normativa sectorial vixente:
Estudos e proxectos de estradas sometidos a información pública
Mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na RAEG na zona leste da ATM da Coruña
- Clave: AC/22/047.06
- Provincia: A Coruña
- Concello: BERGONDO, CABANAS, SADA
- Data anuncio DOG: 08/11/2024
- Data límite de alegacións: 24/12/2024
- Data de resolucion DOG: 26/11/2025
- Tipo: Proxecto de Trazado
- Estado: Información pública aprobada
Documentos relacionados
- Anuncio DOG
- Ficha descritiva
- Proxecto dixital
- Resolución DOG aprobación información publica
- Plano de conxunto do trazado aprobado